mentira
mentira
mentir
-
s
f
Acción de manifestar algo que non responde á verdade.
-
mentira piadosa
Mentira que se di por compaixón.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- Utiliza a mentira dunha maneira enfermiza
Frases feitas
-
De mentira. Que non
-
Parecer mentira. Ser, algunha cousa, tan sorprendente ou tan anormal que parece imposible.
Refráns
- A mentir logo un aprende.
- A mentira anda barata.
- A mentira de algo é filla.
- A mentira e a troita queren ser gordas.
- A mentira non paga alcabala e mais hai que ter conta dela.
- A mentira non ten pes e non para de correr.
- A mentira non ten pes nin ten cabeza.
- A onde has de ir non has de mentir.
- A rapaz mentireiro non lle perdoes as azoutas.
- Cazadores, xastres e zapateiros son os máis mentireiros.
- Cereixas e mentiras, unhas das outras tiran.
- De todo terma o papel ata que se limpan coel.
- Di mentira e sacarás verdade.
- Máis vale dicir mentiras que parezan verdades, que non verdades que parezan mentiras.
- Mente canto quere e esbardalla canto pode.
- Mente Pedro, porque o ten de vezo.
- Mentir con gracia quere sabencia.
- Mentir non custa diñeiro pero fai a un mentireiro.
- Mentireiro con labia quere certa gracia.
- Mentireiro de gracia quere moita labia.
- Mete mentira e sacarás verdade.
- O mentir e o compadrar andan á par.
- O mentir non é habilidade.
- O mentir non ten alcabala; por iso o usan tantos noramala.
- O mentir pide memoria.
- O papel atúrao todo.
- O papel é brando e doce: todo o sofre.
- O que di o que non é, tamén oe o que non quer.
- O vello mente ben na súa terra, o mozo na allea mente que rabea.
- O vello na súa terra e o mozo na allea menten á súa maneira.
- Onde un ha de ir, non ha de mentir.
- Por mentir e andar en coiro non azoutan.
- Porque lles digo as mentiras, ben me queren as veciñas.
- Pregúntallo a Mateu, que mente máis que eu.
- Quen mente non sabe o que sente.
- Quen non sabe mentir, non sabe vivir.
- Unha mentira ben composta, moito vale e pouco costa.