ambiguo -gua

ambiguo -gua

lat ambigŭu ‘ambos’

Plural: ambiguos Masculino: ambiguo Masculino plural: ambiguos Feminino: ambigua Feminino plural: ambiguas
  1. adx

    Que se pode interpretar de diversas maneiras e xerar confusións.

  2. adx

    Que non di claramente as súas opinións e ten unha actitude escura.

  3. xénero ambiguo [LING ]

    Xénero atribuído pola gramática tradicional aos nomes de cousa, que se poden usar indistintamente en masculino ou feminino.

Citas

  • A exposición das súas ideas foi ambigua e non sabemos ao que aternos
  • A súa resposta foi tan ambigua que non sei se quere ou non