ambigüidade

ambigüidade

lat ambiguitāte

Plural: ambigüidades
  1. s f

    Calidade de ambiguo.

  2. s f [LING ]

    Calidade dunha forma de admitir diversas interpretacións, semánticas ou funcionais.

  3. s f

    Palabra ou expresión ambigua.

    1. s

      Fenómeno xenético en que un triplete de nucleótidos ou codón admite máis dunha tradución.

    2. ambigüidade de codificación

      Fenómeno xenético en que un codón codifica máis dun aminoácido.

    3. ambigüidade traducional

      Fenómeno xenético en que un codón determinado do RNAm se pode traducir de máis dunha maneira.

  4. grao de ambigüidade dun teorema

    Número de demostracións diferentes dun teorema.

Confrontaciones

anfiboloxía

Citas

  • Erros e Tánatos, obra de Gonzalo Navaza, é un título que xoga coa ambigüidade das palabras