ambiente
ambiente
lat ambiente ‘que rodea’
-
adx
Que circunda un corpo ou que circula arredor de algo.
-
s
m
Aquilo que rodea unha cousa.
-
s
m
Conxunto de elementos que integran o campo de percepción visual.
-
-
s
Conxunto de factores físicos, químicos e biolóxicos aos que está sometido un ser vivente.
-
s
medio natural.
-
ambiente extremo
Ambiente que esixe, de calquera organismo que o tolere, unha estrutura morfolóxica ou un mecanismo bioquímico que non se atopa na maioría das especies.
-
s
-
s
m
[ESPECT ]
Medio material, intelectual e moral que sitúa a acción da obra segundo a súa ambientación.
-
s
m
[PSIC ]
Conxunto de elementos que poden actuar sobre o individuo.
Sinónimos
Citas
- A fábrica de papel crea un mal ambiente na cidade
- A temperatura ambiente deste local é moi agradable
- Vive nun ambiente familiar prexudicial para a súa recuperación psicolóxica