ambiguo -gua
ambiguo -gua
lat ambigŭu ‘ambos’
-
adx
Que se pode interpretar de diversas maneiras e xerar confusións.
-
adx
Que non di claramente as súas opinións e ten unha actitude escura.
-
xénero ambiguo
[LING ]
Xénero atribuído pola gramática tradicional aos nomes de cousa, que se poden usar indistintamente en masculino ou feminino.
Citas
- A exposición das súas ideas foi ambigua e non sabemos ao que aternos
- A súa resposta foi tan ambigua que non sei se quere ou non