edición

edición

lat editĭōne ‘parto’

Plural: edicións
    1. s

      Impresión ou publicación dunha obra ou escrito.

    2. s [GRÁF ]

      Reprodución dunha obra, por medios manuais ou mediante a imprenta, para a súa difusión.

    3. s [GRÁF/PUBLIC ]

      Conxunto de exemplares dun escrito, impresos nunha mesma tiraxe.

    4. edición abreviada [FILOL ]

      Edición dun texto en que se suprimiron ou resumiron fragmentos considerados non esenciais para a comprensión do mesmo.

    5. edición ampliada/aumentada [FILOL ]

      Edición dunha obra acrecentada con novas materias con respecto á edición anterior.

    6. edición anotada/comentada [FILOL ]

      Edición que inclúe comentarios destinados a esclarecer ou complementar o texto orixinal do autor.

    7. edición autorizada [FILOL ]

      Edición que conta coa autorización expresa do autor ou da persoa que posúe os dereitos editoriais, para diferenciala das edicións clandestinas ou non autorizadas.

    8. edición completa [FILOL ]

      Edición que comprende todas as obras dun autor.

    9. edición crítica/esexética [FILOL ]

      Edición que pretende reconstruír a versión dun texto (literario ou documental) máis próxima ao orixinal do autor (autógrafo ou arquetipo), a partir da análise dos testemuños, manuscritos e impresos que o difundiron.

    10. edición de bibliófilo [FILOL ]

      Edición especial destinada a coleccionistas, impresa en papel de calidade, xeralmente ilustrada, con encadernación coidada, de tiraxe reducida e exemplares numerados e, ás veces, asinados polo autor ou ilustrador.

    11. edición de luxo [FILOL ]

      Edición impresa en papel de calidade, en formato case sempre grande con marxes amplas, ornada con ilustracións e encadernada con suntuosidade.

    12. edición de textos [FILOL ]

      Publicación de textos literarios, xurídicos, científicos, documentais ou doutro tipo, xeralmente antigos, feitos con intención divulgativa ou ben erudita.

    13. edición definitiva [FILOL ]

      Edición dun texto considerado establecido de forma definitiva polo autor.

    14. edición diplomática/paleográfica [FILOL ]

      Edición que reproduce de maneira escrupulosa todas as peculiaridades dun modelo anterior, expresadas por medio de signos convencionais, sen corrixir eventuais erros, e sen introducir puntuación ou trazos inexistentes no texto a editar.

    15. edición dixital [TECNOL ]

      Publicación dun documento en formato papel pero empregando, ata momento da impresión, tecnoloxía dixital.

    16. edición electrónica [INFORM ]

      Proceso que consiste en difundir contidos mediante soportes de información dixitais, como CD-ROM, DVD ou Internet.

    17. edición extra/especial [PUBLIC/IMAX ]

      Edición dun xornal, revista, reportaxe informativa de radio ou televisión dirixida ao público de forma extraordinaria, como consecuencia dun acontecemento inesperado e excepcional.

    18. edición facsímile/facsimilar [FILOL ]

      Edición dun texto reproducido de maneira fotográfica e que conserva xeralmente as medidas do orixinal.

    19. edición moderna/actualizada [FILOL ]

      ersión dun texto antigo destinada a un público non especializado, que moderniza a lingua do orixinal en todos os aspectos –gráfico, fonético, morfosintáctico, semántico e tipográfico– para facilitar a súa lectura.

    20. edición non venal [FILOL ]

      Publicación dunha obra sen finalidade comercial. Regálase, a miúdo, para conmemorar algún evento.

    21. edición orixinal [FILOL ]

      Primeira edición en volume dunha obra que se fai co consentimento ou aprobación do autor.

    22. edición princeps/príncipe [FILOL ]

      Primeira edición dunha obra, en especial a primeira edición dun clásico, dun autor medieval, impresa no s XV ou na primeira metade do s XVI.

  1. s f [COMUN ]

    Preparación de materiais visuais e sonoros para compoñer un programa que se poida emitir.

  2. s f p ext

    Manifestación cultural, festiva, deportiva ou doutro tipo que ten lugar cunha periodicidade determinada para celebrar algo.

  3. contrato de edición [DER ]

    Convenio segundo o que o autor dunha obra subsceptible de propiedade intelectual ou os seus herdeiros, cede os dereitos de reprodución, publicación e comercialización ao editor. Este abónalle a cambio a compensación económica pactada.

Citas

  • A editorial publicou a edición das obras completas do autor, Non se chegou a facer nunha a edición musical da súa obra
  • Este ano levouse a cabo a terceira edición dos Xogos Florais
  • Souberon a nova durante a edición do telexornal