edicto
edicto
lat edictu
-
s
m
Advertencia, orde ou decreto publicado pola autoridade coa finalidade de promulgar unha disposición, facer pública algunha resolución, dar noticia da celebración dun acto ou notificar calquera decisión.
-
s
m
Escrito que se fai público e en que se comunica un aviso oficial.
-
edicto de fe
[HIST/RELIX ]
Documento da Inquisición que se lía cada ano nun domingo da Coresma, nas igrexas onde existise un Tribunal do Santo Oficio, e que recollía feitos ou ditos que os inquisidores consideraban delitos.
Citas
- No concello estaba o edicto coas taxas do imposto de circulación