edícula

edícula

lat aedicŭla

Plural: edículas
  1. s f [ARQUIT ]

    Edificio de pequenas dimensións que adoita ter unha finalidade relixiosa.

  2. s f
    1. Fornela ou capela que servía, nas casas da antiga Roma, para acoller as imaxes dos lares.

    2. Templo de pequenas dimensións que, nos templos romanos, se empregaba como tabernáculo ou relicario e acollía a estatua do deus.

    3. Reprodución dun templo que se ofrecía aos deuses, na antiga Roma, como exvoto.

  3. s f [ARQUIT ]

    Nicho aberto nunha parede, enmarcado por columnas que sosteñen un entaboamento e un frontón, e que contén unha estatua.

  4. s f p ext [ARQUIT ]

    Marco dunha porta, ventá ou doutro van formado por dúas columnas, piares ou pilastras que sosteñen un lintel, un pinche, un entablamento ou un frontón.