edición
lat editĭōne ‘parto’
-
-
s
Impresión ou publicación dunha obra ou escrito.
-
s
[GRÁF ]
Reprodución dunha obra, por medios manuais ou mediante a imprenta, para a súa difusión.
-
s
[GRÁF/PUBLIC ]
Conxunto de exemplares dun escrito, impresos nunha mesma tiraxe.
-
edición abreviada
[FILOL ]
Edición dun texto en que se suprimiron ou resumiron fragmentos considerados non esenciais para a comprensión do mesmo.
-
edición ampliada/aumentada
[FILOL ]
Edición dunha obra acrecentada con novas materias con respecto á edición anterior.
-
edición anotada/comentada
[FILOL ]
Edición que inclúe comentarios destinados a esclarecer ou complementar o texto orixinal do autor.
-
edición autorizada
[FILOL ]
Edición que conta coa autorización expresa do autor ou da persoa que posúe os dereitos editoriais, para diferenciala das edicións clandestinas ou non autorizadas.
-
edición completa
[FILOL ]
Edición que comprende todas as obras dun autor.
-
edición crítica/esexética
[FILOL ]
Edición que pretende reconstruír a versión dun texto (literario ou documental) máis próxima ao orixinal do autor (autógrafo ou arquetipo), a partir da análise dos testemuños, manuscritos e impresos que o difundiron.
-
edición de bibliófilo
[FILOL ]
Edición especial destinada a coleccionistas, impresa en papel de calidade, xeralmente ilustrada, con encadernación coidada, de tiraxe reducida e exemplares numerados e, ás veces, asinados polo autor ou ilustrador.
-
edición de luxo
[FILOL ]
Edición impresa en papel de calidade, en formato case sempre grande con marxes amplas, ornada con ilustracións e encadernada con suntuosidade.
-
edición de textos
[FILOL ]
Publicación de textos literarios, xurídicos, científicos, documentais ou doutro tipo, xeralmente antigos, feitos con intención divulgativa ou ben erudita.
-
edición definitiva
[FILOL ]
Edición dun texto considerado establecido de forma definitiva polo autor.
-
edición diplomática/paleográfica
[FILOL ]
Edición que reproduce de maneira escrupulosa todas as peculiaridades dun modelo anterior, expresadas por medio de signos convencionais, sen corrixir eventuais erros, e sen introducir puntuación ou trazos inexistentes no texto a editar.
-
edición dixital
[TECNOL ]
Publicación dun documento en formato papel pero empregando, ata momento da impresión, tecnoloxía dixital.
-
edición electrónica
[INFORM ]
Proceso que consiste en difundir contidos mediante soportes de información dixitais, como CD-ROM, DVD ou Internet.
-
edición extra/especial
[PUBLIC/IMAX ]
Edición dun xornal, revista, reportaxe informativa de radio ou televisión dirixida ao público de forma extraordinaria, como consecuencia dun acontecemento inesperado e excepcional.
-
edición facsímile/facsimilar
[FILOL ]
Edición dun texto reproducido de maneira fotográfica e que conserva xeralmente as medidas do orixinal.
-
edición moderna/actualizada
[FILOL ]
ersión dun texto antigo destinada a un público non especializado, que moderniza a lingua do orixinal en todos os aspectos –gráfico, fonético, morfosintáctico, semántico e tipográfico– para facilitar a súa lectura.
-
edición non venal
[FILOL ]
Publicación dunha obra sen finalidade comercial. Regálase, a miúdo, para conmemorar algún evento.
-
edición orixinal
[FILOL ]
Primeira edición en volume dunha obra que se fai co consentimento ou aprobación do autor.
-
edición princeps/príncipe
[FILOL ]
Primeira edición dunha obra, en especial a primeira edición dun clásico, dun autor medieval, impresa no s XV ou na primeira metade do s XVI.
-
s
-
s
f
[COMUN ]
Preparación de materiais visuais e sonoros para compoñer un programa que se poida emitir.
-
s
f p ext
Manifestación cultural, festiva, deportiva ou doutro tipo que ten lugar cunha periodicidade determinada para celebrar algo.
-
contrato de edición
[DER ]
Convenio segundo o que o autor dunha obra subsceptible de propiedade intelectual ou os seus herdeiros, cede os dereitos de reprodución, publicación e comercialización ao editor. Este abónalle a cambio a compensación económica pactada.
Citas
- A editorial publicou a edición das obras completas do autor, Non se chegou a facer nunha a edición musical da súa obra
- Este ano levouse a cabo a terceira edición dos Xogos Florais
- Souberon a nova durante a edición do telexornal