durmir

durmir

lat dormīre

  1. v t

    Estar unha persoa ou animal nun estado de repouso durante o que se suspende a consciencia e os sentidos. Tm v i.

  2. v i

    Pasar a noite nun lugar para repousar.

  3. v i

    Manter relacións sexuais con outra persoa.

  4. v i

    Permanecer algo inmóbil e sen actividade.

  5. v pron

    Adormecerse unha parte do corpo, especialmente as extremidades.

Sinónimos

Confrontaciones

adormecer, descansar, sonear

Citas

  • Durmín un sono pequeno, Durmían o sono do esquecemento, Non durmiu en toda a noite porque lle doía unha moa
  • Durmírono con anestesia total para lle implantar a válvula
  • Durmíuseme a perna e case caio ao andar
  • Hoxe durmirei no hotel do aeroporto para coller o avión a primeira hora da mañá
  • Non durmas e bule un pouco máis
  • Os dous dormen xuntos desde hai un tempo
  • Os seus recordos da nenez durmían ata que volveu á súa vila natal, Os documentos do testamento dormen na caixa forte
  • Vou durmir o neno e despois xa podemos marchar

Frases hechas

  • Durmir a mona. Durmir despois dunha borracheira.

  • Durmir a sono solto. Durmir tranquilamente.

  • Durmir coma un morto. Ter o sono moi pesado.

  • Durmir coma un pato. Durmir tranquilo, ininterrompidamente.

  • Durmir coma un peixe. Durmir moito.

  • Durmir coma un santo. Durmir tranquilo e ben.

  • Durmir coma unha pedra/un tronco. Durmir profundamente.

  • Durmir cos ollos abertos coma unha lebre. Tomar algu

  • Durmir cun ollo aberto e co outro pechado. Estar vixiante en todo momento.

  • Durmir cun ollo aberto. Estar cunha actitude vixiante.

  • Durmir mal estrado. Estar de mal xenio.

  • Durmir sen can. Durmir tranquilo, sen medo.

Refranes

  • A moito durmir, menos vivir.
  • Anque na cama non durma o olio, descansa o óso.
  • As des déitate, se ques, e, se ser pode, mellor ás nove.
  • As dez ou na cama ou ao pe.
  • As nove déitate e durme, que ás dez xa durmirás.
  • As nove non é cristián quen non dorme.
  • Cando durmo, non sei o que teño.
  • Canto máis se dorme, máis sono se ten.
  • Canto máis se forme, máis se descansa.
  • Come pouco, cea pouco e durmirás moito.
  • Deitareime e durmirei: boas novas toparei.
  • Déitate cedo e érguete tarde, criarás sebo e carne.
  • Déitate sen cea e amañecerás sen débedas.
  • Dorme quen dorme e non quen penas sofre.
  • Dous que dormen nun xergón vólvense da mesma opinión.
  • Durmir e garda-Ia leira, non hai maneira.
  • Érguete tarde, déitate cedo e criarás carne e sebo.
  • Fai noite noite e o día día e vivirás con alegría.
  • Mal sono dorme quen veneno colle.
  • Non despertes a quendorme, que o sono é o mellor amigo.
  • O durmir non quere présa, e a présa non quere durmir.
  • O neno dorme ao peso e o vello ao seso.
  • O que cea e vaise deitar, mala noite quere pasar.
  • Quen moito dorme, lagañas cría/ten.
  • Se na cama non dorme o meu ollo, folgan os meus ósos.
  • ¡Ai, durmir, como me sabes! ¡Queira Deus que non te me acabes!
Conjugar
VERBO durmir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmo
dormes
dorme
durmimos
durmides
dormen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmía
durmías
durmía
durmiamos
durmiades
durmían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmín
durmiches
durmiu
durmimos
durmistes
durmiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmira
durmiras
durmira
durmiramos
durmirades
durmiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmirei
durmirás
durmirá
durmiremos
durmiredes
durmirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmiría
durmirías
durmiría
durmiriamos
durmiriades
durmirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durma
durmas
durma
durmamos
durmades
durman
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmise
durmises
durmise
durmisemos
durmisedes
durmisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmir
durmires
durmir
durmirmos
durmirdes
durmiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
durme
-
-
durmide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
durmir
durmires
durmir
durmirmos
durmirdes
durmiren
Xerundio durmindo
Participio durmido
durmida
durmidos
durmidas