duro -ra

duro -ra

lat dūru

Plural: duros Masculino: duro Masculino plural: duros Feminino: dura Feminino plural: duras
  1. adx
    1. Aplícase ao corpo que non cede facilmente á presión, que non é doado de raiar, romper ou cortar.

    2. Que non está todo o mol ou tenro que debe estar.

  2. adx

    Que pon resistencia a unha acción que se debe realizar con facilidade.

  3. adx
    1. Que causa padecemento físico.

    2. Que causa sufrimento moral.

    3. Que esixe moito esforzo.

  4. adx

    Aplícase a aquilo que se manifesta no seu grao máis violento, radical ou forte.

  5. adx
    1. Que é forte e resistente.

    2. Aplícase á persoa que soporta ben os sufrimentos morais.

  6. adx
    1. Aplícase á persoa que actúa con severidade.

    2. Aplícase á persoa que carece de compaixón ou piedade.

  7. adx

    Aplícase ás drogas que producen adicción física e psíquica.

  8. s m
    1. Nome vulgar do real de a ocho, a principal moeda española de prata que se cuñou entre os ss XVI-XIX.

    2. Moeda de 5 pesetas cuñada desde 1869, e tamén dos pesos da ceca de Madrid destinados á circulación nas colonias de Filipinas e Porto Rico.

    3. Calquera moeda ou billete dun valor de 5 pesetas.

Antónimos

Confrontaciones

consistente, difícil, firme, inflexible, insensible

Citas

  • A convivencia entre eles foi dura, e acabaron separándose aos seis meses de casar
  • A heroína e a cocaína son drogas duras
  • A madeira da aciñeira é moi dura,O diamante é un dos minerais máis duros
  • A pota foiche ben dura, moitos anos aguantou, O macho é un animal moi duro por iso se emprega nos labores que requiren máis esforzo, Hai que ser moi duro para poder levantar esas caixas
  • Acadar a licenciatura resultoulle máis duro do que pensaba
  • As lentes duras fírenlle os ollos e vai comprar outras, Esta almofada está tan dura que me manca o pescozo, O virus estragoulle o disco duro do ordenador
  • É un rapaz moi duro, superou sen problemas o divorcio dos pais
  • O clima de Alasca é moi duro, A película é só para adultos porque ten escenas de sexo duro, A parte máis dura da afección foi a que produciu os altercados
  • O polbo está moi duro, non hai quen o coma
  • O traballo na construcción éralle moi duro
  • O volante do meu coche é tan duro porque non ten dirección asistida
  • O xuíz foi moi duro na súa decisión e aplicoulle a pena máxima
  • Sempre foi moi dura de corazón e non lle dá unha esmola a un pobre

Frases hechas

  • 2 Apl

  • Duro coma unha peta. Apl

  • Ser algo duro de roer. Ser algo malo de vencer ou de soportar.

  • Ser duro de cascos. Ser duro de entendemento.

  • Ser un cabeza dura. Custarlle a unha persoa entender as cousas.