descendente

descendente

descender

Plural: descendentes
    1. adx

      Que descende.

    2. adx [MÚS ]

      Intervalo ou serie de intervalos (escala, arpexo ou fragmento melódico) en que calquera son é máis grave ca o anterior.

    3. aorta descendente [ANAT ]

      Parte da aorta que vai desde o arco da aorta ata a súa bifurcación.

    4. movemento descendente [ASTRON ]

      Movemento dun astro ao pasar polo horizonte.

    5. ritmo descendente [LING ]

      Ritmo en que a parte acentuada vai antes ca a non acentuada.

  1. s

    Persoa que procede doutra na sucesión xenealóxica.

  2. s [XEN ]

    Individuo que recibe a herdanza xenética do proxenitor ou da parella de proxenitores dos que procede.

Antónimos

Citas

  • A herdanza será repartida entre todos os descendentes
  • Un camiño descendente e sinuoso chegaba ata o río