ascensión

ascensión

lat ascensione

Plural: ascensións
  1. s f

    Acción e resultado de ascender.

  2. s f [RELIX ]

    Subida corporal de Cristo ao ceo desde o monte dos Olivos corenta días despois da Resurrección. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

  3. ascensión capilar [XEOL ]

    Ascensión da auga profunda dun solo, que se produce en virtude das forzas físicas de capilaridade, a través dos poros finos do solo.

  4. ascensión recta [ASTRON ]

    Arco de ecuador celeste que comeza no primeiro punto de Aries e que vai ata o círculo horario do astro contrario ás agullas do reloxo, para un observador situado no hemisferio norte.

  5. ascensión recta do cénit [ASTRON ]

    Medida de tempo baseada no movemento da Terra respecto ás estrelas. OBS: Tamén se denomina hora sideral.

  6. máximo de ascensión [ASTRON ]

    Círculo horario definido no sistema de coordenadas ecuatoriais.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A ascensión ata a cima da montaña resultou máis difícil do que contabamos