ascendente

ascendente

lat ascendente

Plural: ascendentes
  1. adx

    Que ascende.

  2. s

    Parente da liña ascendente que precede na sucesión xenealóxica.

  3. s

    Influencia que unha persoa ten sobre outras.

  4. adx [ASTRON ]

    Aplícase aos astros que incrementan a súa altura por riba do horizonte.

  5. adx [MÚS ]

    Relativo ao intervalo musical no que calquera son (agás o primeiro) é máis agudo ca o anterior.

  6. s m

    Punto do zodíaco que aparece no horizonte no momento determinado do nacemento dunha persoa e que se supón que ten algunha influencia sobre a súa vida ou sorte.

  7. liña ascendente

    Liña que, en xenealoxía, vai de fillos a pais.

Antónimos

Confrontaciones

horóscopo

Citas

  • A opinión do meu pai ten un grande ascendente para min
  • Aseguraba que o seu reloxo fora unha herdanza dun ascendente suízo
  • Nos tramos ascendentes o tren vai máis despacio