dirección
lat directiōne
-
-
s
Acción e efecto de dirixir.
-
s
Consellos e ensinanzas coas que se encamiña a alguén na realización dun traballo ou nunha actuación.
-
s
[IMAX ]
Arte e técnica de realización das diferentes partes dunha película.
-
dirección empresarial
[ECON ]
Filosofía empresarial moderna que define a función do director e as súas intervencións co persoal.
-
dirección espiritual
[RELIX ]
Guía nos asuntos relacionados co espírito.
-
s
-
-
s
Traxecto ou liña imaxinaria que segue unha persoa ou unha cousa no seu movemento.
-
s
Liña de conduta que alguén segue.
-
s
Camiño imaxinario ou rumbo que adopta unha determinada acción.
-
s
[FÍS ]
Recta pola que se move un corpo nun momento dado.
-
dirección dunha forza
[FÍS ]
Recta pola que unha forza move o seu punto de aplicación.
-
s
-
-
s
Cargo de director dunha empresa ou dunha administración.
-
s
Conxunto de persoas que dirixen unha entidade.
-
s
Lugar onde se instalan as oficinas das persoas que levan o mando dunha empresa.
-
dirección xeral
[DER ]
Órgano da administración pública que se encarga de controlar e dirixir unha determinada área dun departamento, ministerio ou consellaría.
-
s
-
-
s
Mecanismo que se utiliza para que o condutor dun vehículo poida modificar a súa traxectoria.
-
dirección asistida
servodirección.
-
s
-
dirección de tiro
[BÉL ]
Conxunto de aparatos que efectúan os cálculos necesarios para determinar a posición que adopta unha peza de artillaría que dispara contra un obxecto móbil e que transmite as ordes para o movemento desta peza.
Sinónimos
Confrontaciones
administración, curso, rumbo, traxectoria, xestiónCitas
- A dirección da tese doutoral levouna a cabo o catedrático
- A dirección dese banco está ao seu cargo
- A dirección do instituto está no terceiro piso
- A dirección está formada por tres licenciados e a secretaria
- Encargáronlle a dirección do traballo a un especialista
- Non son quen de seguir a dirección dos seus razoamentos, O partido político colleu unha dirección totalmente contraria despois do congreso
- Os seus estudios non levan unha dirección única
- Para ir a Tui collín dirección Portugal, O vento sopraba en dirección sur, O porteiro deuse conta da dirección que levaba o balón