comenencia
comenencia
lat convenientĭa ‘conformidade, conveniencia’
-
s
f
Proveito que resulta para alguén dunha cousa ou situación.
-
s
f
Cousa ou situación que resulta proveitosa para alguén.
Sinónimos
Antónimos
Confrontaciones
convenienciaCitas
- Quen anda ás comenencias non pode ter amigos
- Se me axudaches no traballo foi pola túa comenencia
Refranes
- A comer, irnos; a traballar, ide / vaian.
- Ben sabe o burro onde omea cando quere el ornear.
- Ben se entende o que nos din cando chaman a xantar.
- Cada un achega a brasa á súa sardiña.
- Cada un busca o pan do seu mastigo.
- Cada un entende o que lle convén e non sempre lle sae ben.
- Cada un fala en dereito de seu dedo.
- Cada un varre para si.
- Éntrome aquí que chove e me mollo, pois fai un sol que rabea.
- Quen fai o que quere non fai o que debe.
- Uns queren o sol na cidade outros queren a auga no nabal.
- ¡Vállate Dios, de que mal xeito te pos!: cando querías, ti ben te poñías.