comenda
comenda
lat ecles commenda, do lat commedāre ‘confiar’
-
s
f
Concesión provisional dun bispado ou unha abadía a un prelado desposuído das rendas das que era titular.
-
s
f
Beneficio, acompañado de rendas e responsabilidades xurisdicionais, que se lles concedía a membros das ordes militares.
-
s
f
Distinción honorífica dunha orde civil ou militar que corresponde ao grao de comendador.
-
s
f
Cruz que levan no traxe ou na capa os cabaleiros das ordes militares.
Sinónimos
Citas
- Concedéronlle a comenda de Cabaleiro das Artes e das Letras de Francia
- Moitas terras da Igrexa procedían das comendas recibidas durante a Reconquista
- No século XIX os clérigos deixaron de cobrar as comendas dos mosteiros
- Sobre o traxe negro levaba a comenda da orde, unha cruz vermella de Santiago