comenencia

comenencia

lat convenientĭa ‘conformidade, conveniencia’

Plural: comenencias
  1. s f

    Proveito que resulta para alguén dunha cousa ou situación.

  2. s f

    Cousa ou situación que resulta proveitosa para alguén.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

conveniencia

Citas

  • Quen anda ás comenencias non pode ter amigos
  • Se me axudaches no traballo foi pola túa comenencia

Refráns

  • A comer, irnos; a traballar, ide / vaian.
  • Ben sabe o burro onde omea cando quere el ornear.
  • Ben se entende o que nos din cando chaman a xantar.
  • Cada un achega a brasa á súa sardiña.
  • Cada un busca o pan do seu mastigo.
  • Cada un entende o que lle convén e non sempre lle sae ben.
  • Cada un fala en dereito de seu dedo.
  • Cada un varre para si.
  • Éntrome aquí que chove e me mollo, pois fai un sol que rabea.
  • Quen fai o que quere non fai o que debe.
  • Uns queren o sol na cidade outros queren a auga no nabal.
  • ¡Vállate Dios, de que mal xeito te pos!: cando querías, ti ben te poñías.