comendador -ra

comendador -ra
Plural: comendadores Masculino: comendador Masculino plural: comendadores Feminino: comendadora Feminino plural: comendadoras
  1. s m [HIST ]

    Cabaleiro dunha orde militar que tiña ao seu cargo a garda e protección dun lugar ou castelo, xunto co dereito a percibir as rendas que producise.

  2. s m [HIST ]

    Membro dunha orde civil con dignidade superior á de cabaleiro e inferior á de Gran Cruz.

  3. s [RELIX ]

    Superior de convento de certas ordes relixiosas, como a da Mercé e a de San Antón Abade.