cerco

cerco

lat circu ‘círculo’

Plural: cercos
  1. s m

    Acción e efecto de cercar.

  2. s m

    Persoa, obxecto ou conxunto de cousas que rodean algo ou a alguén.

    1. s

      Antiga arte de pesca de rodeo que empregaba unha gran rede para a captura da sardiña.

    2. cerco conxelador

      Embarcación que combina artes de cerco e grandes cámaras frigoríficas e que se dedica á captura de túnidos sen establecerse nun caladoiro fixo.

  3. s m [ZOOL ]

    Apéndice terminal que moitos artrópodos teñen ao final do corpo.

Sinónimos

Citas

  • Aínda que quitou o anel de casado, ben se lle ve o cerco
  • Coa eclipse de Lúa puidemos ver o cerco que formaba a luz do Sol
  • Non conseguiron invadir a cidade e optaron por poñerlle cerco ata a súa rendición
  • Os coches de policía situáronse formando un cerco arredor da praza e de seguida comezaron os incidentes cos manifestantes
  • Os veciños protestáronlle ao concello por permitir o cerco que quitaba o camiño