cerceta

cerceta

lat v *cercedŭla, por querquedŭla

Plural: cercetas
  1. s f [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos anátidos que se caracteriza por ser de pequeno tamaño, ter os machos a cabeza de cores escuras con listas ou antefaces contrastados, e por alimentarse na auga doce sen mergullarse.

  2. cerceta azulada [ANIMAL/ORNIT ]

    Cerceta de cabeza escura e azulada cunha media lúa branca.

  3. cerceta común [ANIMAL/ORNIT ]

    Cerceta de plumaxe agrisada, coa cabeza do macho vermella escura e cun anteface verde, lista horizontal branca sobre a ala e cu amarelo.

  4. cerceta pinta [ANIMAL/ORNIT ]

    Cerceta co anteface ancho e escuro, pescozo longo e plumaxe de cor acastañada, salferida de branco.

  5. cerceta de fouces [ANIMAL/ORNIT ]

    Cerceta en que o macho presenta unha coloración en xeral agrisada coa cabeza acastañada, lista ocular ancha de cor verde e unha longa crista.

Variantes

Sinónimos