bloqueo

bloqueo

bloquear

  1. m

    Acción e efecto de bloquear.

  2. m [BÉL ]

    Operación militar dirixida a illar unha praza ou fortificación, impedindo que se comunique co exterior e que saian ou entren forzas.

  3. m [DER ]

    Operación pola que o exército dun estado intercepta as comunicacións no territorio doutro estado.

  4. m [ECON ]

    Acción do estado para limitar o crecemento dunha ou de diversas variables económicas, mediante a conxelación ou a limitación dos seus aumentos.

  5. m [PSIC ]

    Alteración do pensamento en que se manifesta un grao máximo de inhibición mental, que comporta a ausencia de pensamentos novos nunha dirección determinada.

  6. m

    Alteración fisiolóxica ou patolóxica que dificulta ou impide o funcionamento normal dunha estrutura ou dun corpo.

  7. m [COMUN/TRANSP ]

    Sinalización que se emprega nas liñas de ferrocarril para impedir que dous trens que circulan por unha mesma vía entren en colisión.

  8. m [FÍS ]

    Interrupción da corrente nun tubo electrónico ou nun dispositivo semicondutor.

  9. m [IND/ARTE ]

    Emprego de pintura opaca sobre a superficie dun negativo para escurecer aqueles trazos non desexados.

  10. m [INFORM ]

    Situación en que cada un dos dous procesadores está agardando que o outro realice unha operación.

  11. bloqueo articular [MED ]

    Inmobilización patolóxica dolorosa e reincidente dunha articulación.

  12. bloqueo cardíaco

    Estado en que o tecido de condución do corazón falla na transmisión normal dos impulsos eléctricos desde a aurícula aos ventrículos.

  13. bloqueo ganglionar

    Bloqueo da transmisión do estímulo nervioso nos ganglios do sistema nervioso autónomo.

  14. bloqueo menínxeo

    Interrupción patolóxica da circulación do líquido cefalorraquídeo.

  15. dispositivo de bloqueo

    Pezas eléctricas ou mecánicas que impiden o funcionamento dun aparato.

Citas

  • A defensa saltou ao mesmo tempo para facilitar o bloqueo, O árbitro sancionou con tiros libres o bloqueo irregular do aleiro
  • A manifestación produciu un bloqueo que repercutiu no tráfico da cidade
  • Non puído saír o gas tóxico da cámara gracias aos dispositivos de bloqueo
  • O bloqueo do sistema nervioso foi consecuencia da operación á que foi sometida
  • O bloqueo soviético sobre Berlín foi solucionado cunha ponte aérea