caimán
caimán
caribe acayuman
-
s
m
[ANIMAL ]
Réptil pertencente aos xéneros Caiman, Melanosuchus e Paleosuchus, da familia dos aligatóridos, que presentan un tipo morfolóxico lacertiforme, o fociño ancho, aplanado e arredondado no extremo, e a mandíbula inferior cun oco onde encaixa o cuarto dente da mandíbula inferior.
-
caimán almiscrado
[ANIMAL ]
Caimán do xénero Paleosuchus, que presenta un fociño relativamente longo e non aplanado.
-
caimán de anteollos
[ANIMAL ]
Caimán que vive nos grandes ríos dos Andes.
-
caimán de China
[ANIMAL ]
Caimán que vive no Yang-Tse-Kiang e no SL de EE UU.
-
caimán do Mississippi
[ANIMAL ]
Caimán que ten o fociño curto, e vive en ríos e lagos do SL de EE UU.
-
caimán iacaré
[ANIMAL ]
Caimán que presenta o fociño tan longo como ancho, é propio dos medios húmidos de América do Sur.
-
caimán mouro
[ANIMAL ]
Caimán de cor negra e ventre marelo, que vive en Amazônia.