caimán

caimán

caribe acayuman

Plural: caimáns
  1. s m [ANIMAL ]

    Réptil pertencente aos xéneros Caiman, Melanosuchus e Paleosuchus, da familia dos aligatóridos, que presentan un tipo morfolóxico lacertiforme, o fociño ancho, aplanado e arredondado no extremo, e a mandíbula inferior cun oco onde encaixa o cuarto dente da mandíbula inferior.

  2. caimán almiscrado [ANIMAL ]

    Caimán do xénero Paleosuchus, que presenta un fociño relativamente longo e non aplanado.

  3. caimán de anteollos [ANIMAL ]

    Caimán que vive nos grandes ríos dos Andes.

  4. caimán de China [ANIMAL ]

    Caimán que vive no Yang-Tse-Kiang e no SL de EE UU.

  5. caimán do Mississippi [ANIMAL ]

    Caimán que ten o fociño curto, e vive en ríos e lagos do SL de EE UU.

  6. caimán iacaré [ANIMAL ]

    Caimán que presenta o fociño tan longo como ancho, é propio dos medios húmidos de América do Sur.

  7. caimán mouro [ANIMAL ]

    Caimán de cor negra e ventre marelo, que vive en Amazônia.

Confrontacións

crocodilo, gavial

Palabras veciñas

caída caide caiena caimán caiñar caingang cainita