crocodilo

crocodilo

lat crocodīlu gr κροκόδειλος

Plural: crocodilos
  1. s m [ANIMAL ]

    Animal de cabeza grande, afundida e alongada no fociño, cun corpo semellante ao dun lagarto pero con placas córneas por enriba en vez de escamas.

  2. crocodilo americano [ANIMAL ]

    Animal da familia dos crocodílidos, que se caracteriza por ter o fociño moi longo.

  3. crocodilo anano [ANIMAL ]

    Animal da familia dos crocodílidos, de ata 1,75 m de lonxitude, que presenta un tabique nasal óseo.

  4. crocodilo do Nilo [ANIMAL ]

    Animal da familia dos crocodílidos, que vive nos ríos da zona tropical e subtropical de África.

  5. crocodilo indopacífico [ANIMAL ]

    Animal da familia dos crocodílidos, de ata 10 m de lonxitude, característico dos esteiros dos ríos meridionais de Asia.

Confrontaciones

caimán, gavial

Formas incorrectas

cocodrilo