caída

caída

caer

Plural: caídas
  1. s f

    Acción e efecto de caer.

  2. s f
    1. Pendente dunha superficie cara a abaixo.

    2. Desnivel brusco dunha corrente de auga a causa do desnivel do terreo que pode ser aproveitado como fonte de enerxía.

  3. s f

    Diminución considerable do valor ou do prezo dalgunha cousa.

  4. s f

    Falta ou acción reprobable na conduta dunha persoa.

  5. s f

    Parte final dun período de tempo.

  6. s f

    Cambio do tipo de goberno ou dominio.

  7. s f [LING ]

    Fenómeno de desaparición dun son ou dun grupo de sons sen influír na articulación dos sons veciños.

  8. s f
    1. Inclinación dos paus dun barco, medida pola distancia horizontal entre o pé do pau e a vertical do extremo superior.

    2. Cada un dos lados das velas que van de arriba cara a abaixo.

  9. s f p ext
    1. Calidade das teas cando caen con peso abondo ou xeito como se axusta ou se encarta unha peza confeccionada.

    2. Parte que pendura nunha toalla, nunha cortina ou en calquera outra peza.

  10. s f [XEOG ]

    Lado superior do noiro continental ou da vertente dunha canle que limita a chaira mariña. OBS: Tamén se denomina plataforma continental.

  11. caída de potencial/de tensión [FÍS ]

    Diferenza de potencial entre dous puntos dun circuíto, producida polo paso dunha corrente eléctrica a través dun elemento disposto entre estes dous puntos.

  12. caída libre [FÍS ]

    Movemento dun corpo sometido unicamente á forza dun campo gravitatorio.

Sinónimos

Citas

  • A caída das cortinas quedou un pouco curta
  • A tea que compraches non ten caída para facer unha chaqueta, Esa saia ten moita caída
  • As accións que compramos sufriron fortes caídas o mes pasado
  • Chegamos de volta da romaría á caída do día
  • Está intentando deixar a adicción ás drogas, aínda que xa tivo unha caída
  • Está tomando medicamentos para frear a caída do pelo, A caída que sufriu o albanel dende o sétimo piso non lle deixou secuelas
  • Os pobos xermánicos invadiron Europa trala caída do Imperio Romano
  • Se seguimos subindo por esta aba imos ver as caídas que hai máis arriba
  • Superaron a caída do terreo cunha ponte

Refranes

  • Caer, inda que sexa a modo, nin unha vez soilo.
  • Cando caias, erte de teu, se non che botan a mano
  • Nunha mala hora cae a casa.
  • O mellor cabalo dá un tropezón.
  • Os poldros caíndo e os mozos brincando, van asisando.
  • Quen non monta a cabalo, nunca cae do cabalo.

Palabras vecinas

cahorsino -na caiada caiapó caída caide caiena caimán