pacto

< lat pactu
Pliral: pactos
  1. s m Convención formal entre dúas persoas ou máis.
  2. DER
    1. s m Acto xurídico polo que dúas persoas ou máis asumen determinadas obrigas e dereitos e se comprometen ao seu cumprimento.
    2. pacto accesorio Pacto que forma parte das convencións ou as complementa.
    3. pacto anticrético Pacto polo que se establece o dereito real de anticrese a favor dun acredor.
    4. pacto de non-agresión Acordo entre dous estados de non empregar a forza un contra o outro e de resolver os seus conflitos mediante unha negociación ou someténdoos a arbitraxe.
    5. pacto de reciprocidade Pacto creado entre dous estados, polo que os súbditos dun reciben do outro, nunha materia concreta, o mesmo trato legal ca os súbditos propios.
    6. pacto de retrovenda Pacto polo que o vendedor se reserva o dereito de recuperar a cousa vendida devolvéndolle ao comprador o prezo da venda e aboándolle todos os gastos.
    7. pacto leonino Pacto en que unha das partes se adxudica vantaxes exorbitantes en detrimento das outras.
    8. pacto nulo Pacto adoptado, en infracción dunha lei prohibitiva, contra a moral ou os bos costumes con engano ou dolo.

Sinónimos

Confrontaciones

Palabras vecinas