acordo

< acordar
Pliral: acordos
  1. s m Resolución tomada por unha persoa ou colectividade.
  2. s m Harmonía entre dúas ou máis persoas.
  3. s m Facultade de lembrar ou traer á memoria un feito do pasado.
  4. s m Idea que vén á memoria.
  5. acordo administrativo DER/ADM Decisión da administración pública adoptada preferentemente por un órgano colexiado.
  6. acordo internacional DER Convenio entre estados para establecer unha regulación común sobre cuestións de interese mutuo.

Antónimos

Citas

  • Cando hai acordo non existen tensións nin liortas
  • De súpeto tivo o acordo de ir mercar un canciño para a súa neta
  • Despois da xuntanza seguiron sen chegar a un acordo
  • Entre eles non había acordo de opinións
  • Os avogados chegaron ao acordo de aprazar o xuízo
  • Parece que non tes acordo e que non lembras os malos tratos do pasado