Aquilo que se acorda entre as partes de maneira formal, particularmente entre institucións.
Texto no que se recollen as resolucións que se acordaron.
smDERAcordo de dúas ou máis vontades tendentes á creación dun vínculo xurídico.
smDERNegocio xurídico entre aquela persoa que vai presentar suspensión de pagamentos, ou que o fixo infrutuosamente, e os seus acredores, que foi aceptado por acordo maioritario dos acredores e aprobado polo xuíz.
convenio colectivoDERAcordo escrito entre os representantes dos traballadores e os dos empresarios, que ten como obxectivos a regulación das relacións entre eles, a fixación das condicións laborais ás que se deberán axustar os contratos individuais de traballo e a determinación das condicións de traballo nun ámbito determinado.
convenio de colaboraciónDERAcordo celebrado entre o goberno do Estado e os órganos de goberno das comunidades autónomas, ou entre estas entre si no ámbito das súas respectivas competencias.
convenio económicoDERAcordo escrito entre o Estado e unha comunidade autónoma cando esta goza de autonomía para manter, establecer e regular o seu réxime tributario.
convenio internacionalDERAcordo de vontades celebrado entre suxeitos de dereito internacional e destinado á produción de efectos conformes ás normas xurídicas internacionais.