sfConsellos e ensinanzas coas que se encamiña a alguén na realización dun traballo ou nunha actuación.
sfIMAXArte e técnica de realización das diferentes partes dunha película.
dirección empresarialECONFilosofía empresarial moderna que define a función do director e as súas intervencións co persoal.
dirección espiritualRELIXGuía nos asuntos relacionados co espírito.
sfTraxecto ou liña imaxinaria que segue unha persoa ou unha cousa no seu movemento.
sfLiña de conduta que alguén segue.
sfCamiño imaxinario ou rumbo que adopta unha determinada acción.
sfFÍSRecta pola que se move un corpo nun momento dado.
dirección dunha forzaFÍSRecta pola que unha forza move o seu punto de aplicación.
sfCargo de director dunha empresa ou dunha administración.
sfConxunto de persoas que dirixen unha entidade.
sfLugar onde se instalan as oficinas das persoas que levan o mando dunha empresa.
dirección xeralDERÓrgano da administración pública que se encarga de controlar e dirixir unha determinada área dun departamento, ministerio ou consellaría.
TECNOL
sfMecanismo que se utiliza para que o condutor dun vehículo poida modificar a súa traxectoria.
dirección asistidaservodirección.
dirección de tiroBÉLConxunto de aparatos que efectúan os cálculos necesarios para determinar a posición que adopta unha peza de artillaría que dispara contra un obxecto móbil e que transmite as ordes para o movemento desta peza.