curso

< lat cursus ‘carreira’
Pliral: cursos
  1. s m
    1. Camiño que segue unha corrente de auga desde o seu nacemento ata a súa desembocadura.
    2. ASTRON Percorrido que fai un astro.
  2. s m Serie de estados ou etapas polas que pasa algo.
  3. s m Paso ou sucesión dun período determinado de tempo.
    1. s m Circulación de algo que pasa dunhas persoas a outras.
    2. s m ECON Circulación e funcionamento da moeda e dos efectos do comercio.
    3. curso forzoso ECON Obriga imposta polo goberno de aceptar como liberación de pagos moedas sen valor intrínseco apreciable, títulos do estado ou billetes de banco.
    4. curso legal ECON Calidade dunha moeda e valor que lle asigna o estado que obriga xuridicamente a un acredor a aceptala como pagagamento do que se lle debe.
  4. s m PEDAG
    1. Ordenamento planificado dos elementos de ensino-aprendizaxe que determina a secuenciación e o desenvolvemento de todas as actividades escolares e extraescolares nun centro educativo.
    2. Espazo de tempo que dura un curso académico.
    3. Conxunto de contidos temáticos e aspectos específicos que nun tempo determinado se imparten a un certo grupo de alumnos.
    4. Tratado especial en que se expón metodicamente o estudo xeral dunha materia.

Confrontaciones

Citas

  • Dende o observatorio estudiaban o curso do cometa
  • Empregaba palabras que xa non estaban en curso
  • En marzo de 2002 a peseta xa non segue en curso
  • Estivo na cama no curso da enfermidade, Coñeceu a moita xente no curso da súa vida, Deixemos que as cousas sigan o seu curso normal
  • O curso dos días no es-tranxeiro transcorríalle moi lento

Frases hechas

  • Dar (libre) curso a unha cousa. Deixar andar ou facer que marche para que siga o seu curso.
  • En curso 1 Referido
  • 2 Que se est