dique

Pliral: diques
  1. s m ENX
    1. Muro que se contrúe no mar para conter as ondas e abrigar un porto, e facilitar, ao  mesmo tempo, un fácil acceso dos barcos.
    2. Muro, xeralmente de pedra ou formigón, construído á beira dun río ou dun estanque.
    3. dique flotante Dique que consiste nunha estrutura metálica en forma de U que se pode fundir parcialmente lastrando o interior.
    4. dique seco Instalación ou construción pechada, realizada xeralmente nun porto, en que pode entrar unha embarcación durante a preamar.
  2. s m XEOL Intrusión de rochas ígneas ou magmáticas consolidadas nunha fisura doutra rocha ou serie sedimentaria.