dirección

< lat directiōne
Plural: direccións
    1. s f Acción e efecto de dirixir.
    2. s f Consellos e ensinanzas coas que se encamiña a alguén na realización dun traballo ou nunha actuación.
    3. s f IMAX Arte e técnica de realización das diferentes partes dunha película.
    4. dirección empresarial ECON Filosofía empresarial moderna que define a función do director e as súas intervencións co persoal.
    5. dirección espiritual RELIX Guía nos asuntos relacionados co espírito.
    1. s f Traxecto ou liña imaxinaria que segue unha persoa ou unha cousa no seu movemento.
    2. s f Liña de conduta que alguén segue.
    3. s f Camiño imaxinario ou rumbo que adopta unha determinada acción.
    4. s f FÍS Recta pola que se move un corpo nun momento dado.
    5. dirección dunha forza FÍS Recta pola que unha forza  move o seu punto de aplicación.
    1. s f Cargo de director dunha empresa ou dunha administración.
    2. s f Conxunto de persoas que dirixen unha entidade.
    3. s f Lugar onde se instalan as oficinas das persoas que levan o mando dunha empresa.
    4. dirección xeral DER Órgano da administración pública que se encarga de controlar e dirixir unha determinada área dun departamento, ministerio ou consellaría.
  1. TECNOL
    1. s f Mecanismo que se utiliza para que o condutor dun vehículo poida modificar a súa traxectoria.
    2. dirección asistida servodirección.
  2. dirección de tiro BÉL Conxunto de aparatos que efectúan os cálculos necesarios para determinar a posición que adopta unha peza de artillaría que dispara contra un obxecto móbil e que transmite as ordes para o movemento desta peza.

Sinónimos

Citas

  • A dirección da tese doutoral levouna a cabo o catedrático
  • A dirección dese banco está ao seu cargo
  • A dirección do instituto está no terceiro piso
  • A dirección está formada por tres licenciados e a secretaria
  • Encargáronlle a dirección do traballo a un especialista
  • Non son quen de seguir a dirección dos seus razoamentos, O partido político colleu unha dirección totalmente contraria despois do congreso
  • Os seus estudios non levan unha dirección única
  • Para ir a Tui collín dirección Portugal, O vento sopraba en dirección sur, O porteiro deuse conta da dirección que levaba o balón

Palabras veciñas