capio

< lat caput ‘cabeza’
Pliral: capios
  1. s m Extremo máis groso dun vimbio que se retorce na parte máis delgada deste co fin de apertar e atar algo máis fortemente.
  2. s m Gancho ou aro de madeira colocado na punta dunha corda por onde se mete o outro extremo para que sexa máis doada a operación de atado dun feixe ou similar.

Citas

  • Á corda caeulle o capio e foi máis difícil atar o monllo da herba
  • Rompeulle o capio e desfíxose o monllo de millo serodio