capitalismo

< capital
Pliral: capitalismos
  1. ECON/SOCIOL
    1. s m Sistema ou modo de produción caracterizado polo uso de técnica avanzada, a propiedade privada dos medios de produción e a procura do máximo beneficio.
    2. capitalismo de Estado Expresión cuñada por Lenin para designar a fase en que o estado proletario se apropiaría dos medios de produción.
    3. capitalismo do benestar Economía mixta, establecida en Europa Occidental tras a Segunda Guerra Mundial, na que o Estado se comprometía a compaxinar o capitalismo de libre empresa cun amplo sistema de servizos e garantías sociais.
    4. capitalismo popular Conxunto de medidas que teñen como finalidade a eliminación da loita de clases e a integración do proletariado no sistema.
  2. s m Conxunto de poder e influencia dos capitalistas.