escena

< lat scaena ‘escenario, teatro’ gr σκην ή ‘ ‘choza, escenario’
Pliral: escenas
  1. ESPECT
    1. s f Lugar do teatro en que, tradicionalmente, se representa a obra dramática ou outro espectáculo teatral.
    2. escena muda Escena en que os personaxes representan unha acción mediante xestos e acenos.
    3. posta en escena Proceso mediante o que o director de escena se encarga de compaxinar todos os elementos que interveñen nunha peza dramática para darlle un determinado sentido a esta, polo que tamén se inclúe o traballo de traspoñer a escritura dramática do texto en escritura escénica.
  2. s f Lugar onde acontece algo.
  3. s f
    1. ESPECT Cada unha das partes en que se dividen os actos dunha obra dramática e nas que interveñen os mesmos personaxes.
    2. Parte en que se divide unha obra literaria, cinematográfica ou radiofónica por constituír unha unidade en si mesma.
  4. s f ESPECT Arte teatral, tanto no que se refire ao aspecto literario coma ao da representación.
  5. s f Suceso ou acontecemento da vida real que chama a atención.
  6. s f Acto esaxerado ou escandaloso, polo xeral violento, de alguén.
  7. s f Medio ou ambiente en que se desenvolve unha acción ou actividade.
  8. s f ARTE Arquitectura efémera ou real que, nos teatros do mundo clásico, tiña a función de ambientar o proscenio a modo de decorado.

Sinónimos

Citas

  • Ante aquela escena amorosa, a camareira só foi quen de sorrir
  • Desapareceu da escena política durante cinco anos
  • Fíxolle unha escena no medio da rúa
  • Os policías achegáronse á escena do crime
  • Premiárono pola súa dedicación á escena

Frases hechas

  • 2 Montar e dirixir unha obra teatral.
  • Estar en escena 1 Estar un actor no escenario representando unha obra dram
  • 2 Estar un actor posu

Formas incorrectas

escea