boia

boia

fr bouée ‘sinal’

  1. f
    1. Corpo flotante suxeito a un cabo, unha cadea ou un cable, que se fixa polo outro extremo ao fondo do mar e que serve de marca ou sinal.

    2. Cada un dos anacos de cortiza ou de plástico que sosteñen a rede para que esta non se afunda.

  2. f [TECNOL ]

    Corpo flotante que se emprega para indicar o nivel do líquido nun depósito ou para mantelo constante.

  3. boia de amarrada [MAR ]

    Boia que indica a existencia dun morto para amarrar nela unha embarcación.

Sinónimos

Confrontacións

baliza, hidrófono, radiolocalización

Citas

  • A boia marca o lugar no que está o mergullador, Vou fondear a chalana na boia
  • O temporal rompeu unha ducia de boias da rede
  • Temos que amañar a boia da cisterna

Palabras veciñas

boguina bohemio -mia boi boia boiada boiante boiardo