boi
lat bove
-
-
[ANIMAL ]
Macho das especies da subfamilia dos bovinos, de cabeza grande e maciza, que polo seu carácter agresivo se castra para facelo apto para os labores agrícolas.
-
Carne moi apreciada deste animal.
-
boi almiscreiro [Ovibos moschatus]
[ANIMAL ]
Mamífero ruminante, da familia dos bóvidos, de grandes dimensións con pelame castaño, laúdo e longo ata as patas e grandes cornos.
-
boi das vacas/de parada/de posto
Boi semental.
-
[ANIMAL ]
-
m
[ANIMAL ]
Crustáceo mariño, da orde dos decadópodos, de cacho groso con forma ovada e superficie pouco rugosa, que posúe pinzas no primeiro par de patas, e é de cor entre rosa e castaña no dorso e tirando a branca no ventre.
Citas
- Metéuseme un boi nun laño e tiven que collelo cun bicheiro
Frases feitas
-
A paso de boi. Moi de vagar.
-
Andar como os bois no monte. Andar espido.
-
Andar como os bois. Ser un escravo.
-
Co coiro lordento, como os bois na corte no inverno. Moi sucio.
-
Nin boi nin vaca. Nin unha cousa nin a outra.
-
Parecer un boi de machado. Ser moi bo.
-
Saber con que bois se ara. Co
-
Saber de que man ara ese boi. Co
-
Ser un boi de barro/de palla. Apl
-
Ser un boi manso. Ser boa persoa.
-
¡Cea os bois! D
Refráns
- a boi vello afonda o arado e arrinca as raíces do prado.
- a boi vello leva o suco ao dereito.
- a boi vello non se chora.
- A boi vello ¿para que chocallo?
- A boi vello, chocallo novo.
- a boi vellouqueiro coñece o seu amo e o seu comedeiro.
- ande o bói vello non tuse, a fouce enferrúxase.
- Are o meu boi polo folgado e o teu polo gabado.
- Boi bravo, rego largo.
- Boi cansado asenta ben o paso.
- Boi cansado, pe máis asentado.
- Boi de prado nunca está sano.
- Boi feito fai o barbeito co suco dereito.
- Boi fermoso non é para o traballo.
- Boi goloso, nin fraco nin gordo.
- Boi marelo, pouco andar e moito penso.
- Boi pequeno todo é coma.
- Boi vezado vol ve ao prado.
- Boi, cornudo; labrador, barbudo.
- Boi, corvo; burro, combo; e cabalo, fondo.
- Boi, frontudo: e cabalo, cascudo.
- Boi, galludo; e boieiro, peludo.
- Boi, longo; cabalo, redondo.
- Boi, testudo; e home, forzudo.
- Catro bois nun carro ben tiran para arriba e mellor tiran para abaixo.
- Deixa o boi mexar e fártao de arar.
- Di o boi: Sácame en marzo, verás como pazo.
- Foise o boi ás verzas e non deixou verdes nin secas.
- Máis come o boi que cen andoriñas.
- Mentres o boi traballa, a vaca no campo apasta.
- Nin boi canso nin boi manso. "
- Non lle ates a boca ao boi que anda arando.
- Ó boi bravo, rego largo.
- O boi canso pisa máis forte.
- O boi e o leitón en xaneiro crían riñón.
- O boi fraco trae a merenda debaixo do rabo.
- Ó boi malo relócelle o pelo.
- O boi morto vaca é.
- Ó boi que ara non lle míre-Ia cara.
- O boi que me acornou, ben me escarmentou.
- O boi que non ara na cortadoría para.
- Ó boi que non poida arar, deixalo apastar.
- O boi ruin crece en cornos.
- O boi ruin escómase folgando.
- O boi ruin nin folgando se descoma.
- Ó boi vello dálle mantenza e darache a pelexa.
- Ó boi vello non lle búsque-Ia morte, que xa che dará el con ela.
- Ó boí vello non lle cates achego, porque el vaise Ao verde e deixa o seco mais, se verde non acha, o seco apaña.
- Ó boi vello, xugo novo.
- O boi, galludo; e o labrego, barbudo.
- O boi, grande, are ou non are.
- O boi, para que are; o home, para que traballe; e a muller, para que garde.
- O boi, peludo; e o cabalo, barrigudo.
- Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.