beneficio

beneficio

lat bĕnĕfĭcĭu

  1. m

    Aquilo que favorece a melloría da situación ou do estado dunha persoa ou cousa.

  2. m

    Melloría experimentada pola situación ou o estado dalgunha persoa ou dalgunha cousa.

    1. Diferenza entre os ingresos que resultan das vendas dos produtos e os gastos que comporta o proceso produtivo.

    2. beneficio básico

      Satisfacción que ofrece un produto ou servizo a un consumidor.

    3. beneficio bruto

      Cantidade obtida como a diferenza contable entre os ingresos, por vendas resultantes dunha operación ou actividade nun período, e os gastos por compra.

    4. beneficio neto

      Cantidade que se obtén subtraendo do beneficio bruto unha serie de partidas non ben normalizadas.

  3. m [ADM/RELIX ]

    igairías, reitorías, clericatos e capelanías na Igrexa anglicana.

    1. Privilexio legal que en determinadas circunstancias xorde en prol dalgunha persoa e que esta pode facer valer para liberarse de situacións que a poden prexudicar, especialmente na orde patrimonial.

    2. beneficio de competencia

      Beneficio concedido ao debedor para non ter que pagar integramente as súas débedas se, facéndoo, quedaba en situación de pobreza, sen prexuízo de pagar o resto se melloraba de fortuna.

    3. beneficio de inventario

      Facultade concedida ao herdeiro de non responder das obrigas do causante nin das cargas hereditarias cos seus bens, senón unicamente cos bens da herdanza.

    4. beneficio fiscal

      Privilexio legal concedido a un suxeito pasivo que implica xeralmente a redución parcial dun tributo.

  4. m [DER/HIST ]

    Institución xurídica medieval que define unha doazón con dereito á propiedade feita como un xesto de benevolencia ou en pagamento a uns servizos prestados.

  5. m [HIST/DER ]

    Concesión territorial efectuada con carácter temporal para gozar do dominio útil dos bens cedidos, a cambio de determinados servizos ou dunha fidelidade por parte do beneficiario.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • As actividades ximnásticas e deportivas son beneficiosas para o organismo.
  • As boas comunicacións son un beneficio para o comercio, Unha axeitada alimentación é un beneficio para aumentar a calidade de vida
  • Os beneficios das novas técnicas médicas supuxeron o aumento da esperanza de vida

Frases feitas

  • A/en beneficio de loc prep Coa finalidade de favorecer ou para beneficiar a algunha persoa ou cousa. SIN: en favor de, en proveito de. Ex: F

  • A beneficio de inventario. Precavidamente ou con reservas.

  • Non ter oficio nin beneficio. Carecer de utilidade un obxecto ou estar desempregada unha persoa.

Refráns

  • Vaise o servido polo comido.