dano

dano

lat damnu

Plural: danos
    1. s

      Efecto causado en algo ou en alguén que supón un empeoramento do seu estado.

    2. s [DER ]

      Lesión ou perda causada de forma directa ou indirecta por alguén noutra persoa, ocasionándolle menoscabos na súa personalidade, liberdade, honra e patrimonio.

    3. s [DER ]

      Delito que comprende toda acción ou omisión intencionadas que ocasiona a lesión, perturbación ou destrución das cousas valiosas alleas, sen autorización do seu dono, ou das cousas propias especialmente protexidas polo dereito, sempre que non mereceran outra cualificación xurídico-penal.

    4. dano fortuíto [DER ]

      Prexuízo creado por unha acción independente á vontade humana, de natureza imprevisible e inevitable.

    5. danos e perdas [DER ]

      Indemnización que ten por finalidade restablecer a situación anterior ao acto lesivo producido por dó, neglixencia ou morosidade no cumprimento das obrigacións.

  1. s m

    Dor ou sufrimento causado por algo que altera o estado do organismo.

Confrontacións

prexuízo

Citas

  • Aquelas palabras sobre a súa familia fixéronlle moito dano, O temporal causou grandes danos nos cultivos de centeo
  • Fíxose dano co coitelo
  • Os médicos cren que o dano está na medula

Formas incorrectas

danos e prexuízos

Refráns

  • O que non foi no meu ano, non foi no meu dano.