beneficio
lat bĕnĕfĭcĭu
-
m
Aquilo que favorece a melloría da situación ou do estado dunha persoa ou cousa.
-
m
Melloría experimentada pola situación ou o estado dalgunha persoa ou dalgunha cousa.
-
-
Diferenza entre os ingresos que resultan das vendas dos produtos e os gastos que comporta o proceso produtivo.
-
beneficio básico
Satisfacción que ofrece un produto ou servizo a un consumidor.
-
beneficio bruto
Cantidade obtida como a diferenza contable entre os ingresos, por vendas resultantes dunha operación ou actividade nun período, e os gastos por compra.
-
beneficio neto
Cantidade que se obtén subtraendo do beneficio bruto unha serie de partidas non ben normalizadas.
-
-
m
[ADM/RELIX ]
igairías, reitorías, clericatos e capelanías na Igrexa anglicana.
-
-
Privilexio legal que en determinadas circunstancias xorde en prol dalgunha persoa e que esta pode facer valer para liberarse de situacións que a poden prexudicar, especialmente na orde patrimonial.
-
beneficio de competencia
Beneficio concedido ao debedor para non ter que pagar integramente as súas débedas se, facéndoo, quedaba en situación de pobreza, sen prexuízo de pagar o resto se melloraba de fortuna.
-
beneficio de inventario
Facultade concedida ao herdeiro de non responder das obrigas do causante nin das cargas hereditarias cos seus bens, senón unicamente cos bens da herdanza.
-
beneficio fiscal
Privilexio legal concedido a un suxeito pasivo que implica xeralmente a redución parcial dun tributo.
-
-
m
[DER/HIST ]
Institución xurídica medieval que define unha doazón con dereito á propiedade feita como un xesto de benevolencia ou en pagamento a uns servizos prestados.
-
m
[HIST/DER ]
Concesión territorial efectuada con carácter temporal para gozar do dominio útil dos bens cedidos, a cambio de determinados servizos ou dunha fidelidade por parte do beneficiario.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- As actividades ximnásticas e deportivas son beneficiosas para o organismo.
- As boas comunicacións son un beneficio para o comercio, Unha axeitada alimentación é un beneficio para aumentar a calidade de vida
- Os beneficios das novas técnicas médicas supuxeron o aumento da esperanza de vida
Frases hechas
-
A/en beneficio de loc prep Coa finalidade de favorecer ou para beneficiar a algunha persoa ou cousa. SIN: en favor de, en proveito de. Ex: F
-
A beneficio de inventario. Precavidamente ou con reservas.
-
Non ter oficio nin beneficio. Carecer de utilidade un obxecto ou estar desempregada unha persoa.
Refranes
- Vaise o servido polo comido.