bater

bater

lat battuĕre ‘golpear’

  1. v t

    Provocar que algunha cousa choque contra outra violentamente.

  2. v t

    Mover con ímpeto unha cousa.

  3. v t

    Mover e remexer enerxicamente algunha substancia.

  4. v t

    Ser máis poderoso ca alguén.

  5. v t

    Rexistrar e percorrer un lugar para levantar a caza ou para buscar persoas ou cousas ocultas.

  6. v i

    Dar golpes en alguén ou nalgunha cousa.

  7. v i

    Levar un golpe contra algo.

  8. v i

    Encontrar algunha cousa ou a alguén por casualidade.

  9. v i

    Golpear deseguido ou a intervalos unha cousa en movemento contra algo.

  10. v pron

    Enfrontarse individuos ou grupos de persoas, especialmente como resposta a un desafío.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

apancar, brear, golpear

Citas

  • A chuvia batía contra os cristais do coche, O mar bate moi forte nestas rochas escarpadas, O vento batía contra as árbores da alameda
  • A cría da pega xa comezaba a bater as ás porque desexaba voar, Os remeiros do batel batían os remos vigorosamente para ir máis rápidos
  • As ventás batéronse tan forte que romperon os batentes
  • Bate ben o verniz para que quede máis solto, Bateu as claras a punto de neve co batedor para facer o biscoito
  • Báteme tanto o corazón que non podo seguir correndo
  • Bateron o monte, pero non toparon ningún porco bravo
  • Batéronlle nun vidro da casa cunha pedra e ninguén sabe quén foi, Deixa de bater no boneco que non ten a culpa
  • Batín con ela na panadería
  • Don Álvaro Mesía e o rexente batéronse polo honor de Ana Ozores na obra de Clarín La Regenta
  • Estivemos xogando á chave e o rapaz batíalle ben para ser a primeira vez que xogaba
  • Incomodouse e bateu con forza o puño contra a mesa
  • No 1999 Andrés Díaz bateu a marca europea dos 1,500 m
  • O coche escorregou na curva e foi bater contra a viña, Bateu cos fociños na porta
  • O equipo visitante bateu o equipo local
  • O sol batía con forza na praia e decidín marchar
  • Os muíños de vento bateron a Don Quixote
  • Xa son máis das once porque xa bateu hai un pouco o reloxo da igrexa

Frases feitas

  • A bater. Abondosamente.

  • Andar batendo na chanca/no zonco. Andar deambulando sen tirar proveito.

  • Bater o queixo/as queixadas/os queixelos. Golpear repetidamente os dentes de xeito involuntario polo fr

  • Bater o zoco. Andar dun sitio para outro.

  • Bater xusto. Coincidir con algunha cousa.

  • Chegar batendo as tercianas. Estar moi delgado.

  • Ir bater a. Chegar a alg

Conxugar
VERBO bater
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bato
bates
bate
batemos
batedes
baten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batía
batías
batía
batiamos
batiades
batían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batín
batiches
bateu
batemos
batestes
bateron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batera
bateras
batera
bateramos
baterades
bateran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
baterei
baterás
baterá
bateremos
bateredes
baterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batería
baterías
batería
bateriamos
bateriades
baterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bata
batas
bata
batamos
batades
batan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
batese
bateses
batese
batesemos
batesedes
batesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
bate
-
-
batede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bater
bateres
bater
batermos
baterdes
bateren
Xerundio batendo
Participio batido
batida
batidos
batidas