batente

batente

bater

Plural: batentes
  1. adx

    Que bate.

  2. m
    1. Parte do marco dunha porta ou dunha ventá onde bate a folla cando se pecha.

    2. Folla dunha ventá ou dunha porta que se pecha antes ca a outra.

  3. m

    Poste en que se apoia unha cancela para pechala.

  4. m

    Lugar do litoral en que rompen ou baten as ondas.

Citas

  • Arranxamos o batente que derrubara o tractor
  • Foi buscar percebes polos batentes
  • O vento abriu de súpeto a ventá e rompeu os vidros ao dar contra o batente
  • Os fortes e batentes brazos do heroe tiñan as veas inchadas
  • Trillei o dedo entre o batente da porta e o seu marco

Palabras veciñas

bategar batel bateleiro -ra batente bateo bater batería