barril
barril
lat *barrile ou barriculu
-
m
Recipiente de madeira feito con doelas unidas por aros onde se transportan ou gardan certos líquidos.
-
m
Recipiente de barro avultado na parte do medio, con asas e cunha ou dúas bocas estreitas, unha para encher e outra para beber.
-
m
[METROL ]
Medida de capacidade que se emprega no petróleo bruto e equivale a 120 litros.
Confrontacións
barrica, bocoi, cuba, fuste, pipa, pipo, pipote, porrón, tonelCitas
- Caeume o barril coa auga ao chan e escachou
- Polo san Martiño abillamos un barril de viño branco e outro de tinto