barril

barril

lat *barrile ou barriculu

  1. m

    Recipiente de madeira feito con doelas unidas por aros onde se transportan ou gardan certos líquidos.

  2. m

    Recipiente de barro avultado na parte do medio, con asas e cunha ou dúas bocas estreitas, unha para encher e outra para beber.

  3. m [METROL ]

    Medida de capacidade que se emprega no petróleo bruto e equivale a 120 litros.

Confrontaciones

barrica, bocoi, cuba, fuste, pipa, pipo, pipote, porrón, tonel

Citas

  • Caeume o barril coa auga ao chan e escachou
  • Polo san Martiño abillamos un barril de viño branco e outro de tinto