fuste

fuste

lat fuste ‘pao’

Plural: fustes
  1. s m [BOT ]

    Parte do tronco dunha árbore que vai desde a raíz ata a ramificación da copa.

  2. s m [ARQUIT ]

    Parte da columna situada entre a base e o capitel.

  3. s m

    Barril grande de madeira para gardar o viño.

  4. s m

    Cada un dos paus que se colocan no interior da colmea en forma de cruz para soster os favos.

  5. s m pl

    Pinzas para extraer as castañas dos ourizos.

Sinónimos

Confrontacións

petelo