banda
-
f
Tira de tea que vai desde o ombreiro ata o costado oposto e que atravesa o peito como insignia dalgún cargo ou honra.
-
f
Calquera fita ou tira feita de diversos materiais que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha.
-
f
Bordo elástico que rodea a táboa do billar.
-
f
Aquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.
-
f
Liña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea.
-
f
[ANAT ]
Formación anatómica estreita e alongada.
-
f
[ARTE ]
Moldura arquitectónica longa e estreita.
-
f
[BIOL ]
Zona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.
-
f
[FÍS ]
Calquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.
-
f
[PESCA ]
Cada unha das dúas pezas da rede que prolongan o funil dunha arte de arrastre de fondo.
-
amplitude de banda
[COMUN ]
Diferenza entre as frecuencias límites, máis alá delas a atenuación aumenta bruscamente ou ben sobrepasa un valor determinado nun elemento selectivo (filtro, circuíto resoante).
-
banda ancha
[INFORM ]
Característica dunha rede de comunicacións de gran capacidade que permite a conexión de varias redes menores nun único cable.
-
banda cromosómica
[XEN ]
Rexión cromosómica definida e de tinción característica que permite identificar os diferentes cromosomas e detectar posibles anomalías estruturais.
-
banda de enerxía
[FÍS ]
Cada un dos intervalos finitos en que se divide o espectro enerxético dun electrón dun sólido cristalino, formados pola agrupación dos niveis de enerxía permitidos.
-
banda de frecuencias
[FÍS ]
Intervalo de frecuencias dun espectro.
-
banda de rodamento
[TECNOL ]
Parte exterior da cuberta do pneumático que está en contacto co chan.
-
banda deseñada
cómic.
-
banda magnética
[FÍS ]
cinta magnética.
-
banda sonora
-
[IMAX ]
Franxa dunha fita cinematográfica reservada ao son (música, ruídos, palabras), que pode estar impresa magnética ou opticamente.
-
[MÚS/IMAX ]
Música dunha película.
-
[IMAX ]
-
espectro de bandas
[FÍS ]
Espectro de raias moi numerosas, en que algunhas delas se agrupan formando bandas.
Citas
- A banda de aterraxe estivo pechada por mor do mal tempo
- Derramouse a banda da mesa do billar por mor duns desaprensivos que deixaron caer as bebidas
- Levaba un disfrace cunha banda vermella que lle cruzaba o peito, Impuxéronlle a banda que a recoñecía como miss Pontevedra
- Non quixo poñer a camisa de bandas azuis
- Non se puido proxectar a película porque se derramou a banda sonora
- Os taxis levan unha banda azul e branca nas portas dianteiras
- Plantou varias bandas de amorodos