axeitar

axeitar

xeito

  1. v t

    Facer que algo se axuste ás pretensións establecidas.

  2. v t

    Poñer cada cousa no lugar que lle corresponde.

  3. v t

    Facer cadrar ou encaixar dúas pezas distintas.

  4. v pron

    Adaptarse alguén a facer algo en determinadas circunstancias.

  5. v pron

    Darse alguén maña para facer algo.

  6. v pron

    Poñer algo ou alguén limpo e aseado.

Sinónimos

Citas

  • A modista axeitoulle as mangas ao vestido que lle levei
  • Axéitase moi ben como fotógrafo
  • Axeitou o can para saír á rúa, Axeitouse e o seu aspecto cambiou por completo
  • Hai que axeitar o salón antes de que cheguen os invitados, Axeita ese vestido que o puxeches revirado
  • Non me dou axeitado ao novo traballo, Axeiteime pouco a pouco a vivir na nova casa
  • O que me propós non se axeita á idea que eu tiña
  • Tiven que axeitar os meus costumes ao horario laboral

Refráns

  • A carne de lobo, dente de can.
  • A tal tempo, tal tento.
  • Acá como acá e alá como alá.
  • Alí como alí e aquí como aquí.
  • Cal o tempo, tal o tento.
  • Facer O que todos ou non andar con todos.
  • Na terra dos lobos, oubear coma todos.
  • Na terra en que morares, axéitate como poidas.
  • Ó son que che toquen, baila.
  • Os ruís e os tizós nunca ben os compós.
  • Por onde fores, fai como vires.
  • Segundo me tocan, bailo.
  • Toma o tempo segundo vén.
  • Vai cos da feira e volve cos do mercado.
  • Vivir como se pode e non como se quere.
  • ¡Baila, Antón, que para iso che fan o son!

Palabras veciñas

axear axeitado -da axeitamento axeitar axeito axencia axenciar
Conxugar
VERBO axeitar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeito
axeitas
axeita
axeitamos
axeitades
axeitan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeitaba
axeitabas
axeitaba
axeitabamos
axeitabades
axeitaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeitei
axeitaches
axeitou
axeitamos
axeitastes
axeitaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeitara
axeitaras
axeitara
axeitaramos
axeitarades
axeitaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeitarei
axeitarás
axeitará
axeitaremos
axeitaredes
axeitarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeitaría
axeitarías
axeitaría
axeitariamos
axeitariades
axeitarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeite
axeites
axeite
axeitemos
axeitedes
axeiten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeitase
axeitases
axeitase
axeitasemos
axeitasedes
axeitasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeitar
axeitares
axeitar
axeitarmos
axeitardes
axeitaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
axeita
-
-
axeitade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
axeitar
axeitares
axeitar
axeitarmos
axeitardes
axeitaren
Xerundio axeitando
Participio axeitado
axeitada
axeitados
axeitadas