axencia

axencia

lat agentĭa agens -ntis ‘o que fai’

Plural: axencias
  1. s f

    Empresa dedicada a xestionar asuntos alleos ou prestar servizos como intermediaria.

  2. s f

    Lugar onde está establecida unha empresa dedicada a xestionar asuntos ou prestar servizos.

  3. s f

    Oficio ou encargo de axente.

  4. s f

    Establecemento secundario dunha empresa.

  5. s f [ADM ]

    Contrato polo que unha parte asume o encargo de levar adiante, en nome e por conta doutro e a cambio dunha retribución, a conclusión en exclusiva de contratos nunha zona determinada.

  6. axencia de modelos [COMUN ]

    Empresa de servizos que ofrece modelos e actores para anuncios publicitarios ou actos públicos.

  7. axencia de prensa [COMUN ]

    Organización que centraliza as informacións periodísticas recollidas polos seus correspondentes nos lugares onde se producen os acontecementos, clasificándoas e transmitíndoas ás empresas subscritas.

  8. axencia de publicidade [COMUN ]

    Empresa comercial dedicada a crear, planificar e difundir campañas publicitarias.

  9.   [TRANSP ]

    Empresa de servizos dedicada ao traslado de mercadorías dun lugar a outro.

  10. axencia de valores [ECON ]

    Compañía que actúa na mediación financeira e noutros servizos que poden formar parte dunha bolsa.

Citas

  • Fun a unha axencia inmobiliaria para que me buscasen un piso de aluguer

Palabras veciñas

axeitamento axeitar axeito axencia axenciar axenda axénese