xuño
xuño
Plural:
xuños
s
m
Sexto mes do ano, de 30 días. OBS: Tamén se denomina mes de San Xoán.
Refráns
- Ata o corenta de maio, non quites o saio e, se volve chover, vólveo poñer.
- Ata o san Pedro o viño ten medo.
- Dálle coles por san Xoán a quen queiras de fame matar.
- En san Xoán a fouce na mano
- En san Xoán xa a sardiña molla o pan.
- En san Xoán, a mexada dun can.
- Entre san Xoán e Santiago Deus nos libre dun nubrado.
- O que xexúa por san Xoán, ou é parvo ou non ten pan.
- Polo san Antón, xa a galiña pon.
- Polo san Pedro vai ver o teu olivedo e, se ves un gran, espera un cento.
- Polo san Xoán tanto viño como pan.
- Polo san Xoán xa a sardiña pinga o pan.
- Por san Pedro, burro quedo.
- ¡Aí vén san Pedro co seu xerro!